Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2012 Páx. 18390

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Barreiros (expediente IN407A 2012/45-2, 8013 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Gescon Actuación, S.L.

Domicilio social: r/ Azalea, n.º 3, entreplanta, 27004 Lugo.

Denominación: L.M.T.S. de 20 kV, C.T. prefabricado de 630 kVA compacto e acometida R.B.T. a edificio de trinta e tres vivendas.

Situación: concello de Barreiros.

Características técnicas: L.M.T.S. a 20 kV con orixe nunha cela proxectada no Centro de Seccionamento Reinante (G. CAO 13204) e final no C.T. proxectado (Gescon), cunha lonxitude de 200 metros en condutor tipo R.H.Z.-240 mm.

C.T. en edificio prefabricado tipo Miniblock, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección de trafo, potencia proxectada de 630 kVA e unha relación de transformación 20.000/400-230V.

R.B.T.S. con orixe no C.T. proxectado e final na BTV do edificio para electrificar cunha lonxitude de 3 metros en conductor tipo RV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 3 de maio de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo