Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2012 Páx. 18315

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante de persoal licenciado sanitario.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras mediante Anuncio do 22 de febreiro de 2012, publicado no Diario Oficial de Galicia do 26 de marzo de 2012, e á vista das solicitudes e méritos acreditados polos aspirantes, esta directora xerente, en exercicio de competencia delegada no artigo 5.j) da Orde do 15 de xuño de 2009, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e en cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVO:

Adxudicarlle o posto á solicitante que se indica no anexo desta resolución.

A adxudicataria deberá cesar na praza que desempeña dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación desta resolución.

A toma de posesión será dentro dos prazos previstos nas bases da convocatoria.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante a directora de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes desde a publicación, conforme o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Ourense, 19 de abril de 2012.

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Posto de traballo: xefe de servizo (SAP) da Ponte-mañá (Ourense).

Adxudicataria: María Jesús Arias Gómez.

DNI: 34923766-Z.