Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2012 Páx. 18332

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (19/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 19/2012 por instancia de Carlos Castro Pires e José Manuel García Noya contra Concret Impress, S.L., sobre despedimento, en que recaeu sentenza con data do 20 de abril de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido:

Que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta por Carlos Castro Pires, asistido polo letrado José Nogueira Esmorís, contra a entidade Concret Impress, S.L., en rebeldía procesual e, en consecuencia, debo declarar e declaro a improcedencia do seu despedimento, condenando a empresa demandada a que, no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 5.996,31 euros máis, en ambos os casos, o aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que na data desta sentenza ascenden a 6.079,49 euros, calculándose o resto dos días a 42,81 euros diarios.

Pola súa parte, debo estimar e estimo parcialmente a demanda formulada por José Manuel García Noya, asistido polo letrado José Nogueira Esmorís, contra a entidade Concret Impress, S.L., en rebeldía procesual e, en consecuencia, debo declarar e declaro a improcedencia do seu despedimento, condenando a empresa demandada a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 5.074,42 euros máis, en ambos os casos, o aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que na data desta sentenza ascenden a 5.003,94 euros, calculándose o resto dos días a 35,23 euros diarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que non é firme e contra ela cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, do que coñecerá, de ser o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 e seguintes do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, pasados os cales quedará firme e se procederá ao seu arquivo. E, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de que consignou a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer, na conta 1534 0000 6501912.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Concret Impress, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 23 de abril de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado