En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei 9/2006, do 28 de abril, de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, faise pública a decisión de non someter a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento no ámbito da rúa Outeiro Grande e o seu contorno, concello de Maside, ao procedemento establecido no seu artigo 7.
Esta decisión pódese consultar na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no seguinte enderezo da internet: http://aae.medioambiente.xunta.es/
Santiago de Compostela, 13 de abril de 2012.
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental