De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentadas as notificacións persoais, emprázase a María Teresa Orduña Domingo para notificarlle a resolución que pon fin ao expediente disciplinario aberto por Resolución reitoral do 21 de novembro de 2011.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao desta publicación, no despacho da Asesoría Xurídica da Universidade de Santiago de Compostela no Colexio de San Xerome; praza do Obradoiro, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, entenderase efectuada a notificación desde o día seguinte ao da publicación.
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2012
Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela