Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2012 Páx. 32157

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2012, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación mediante procedemento aberto multicriterio, non suxeito a regulación harmonizada e tramitación urxente, para a adquisición de equipamento de anestesia con destino ao Hospital da Costa, Burela (lote único) (AB-SER2-12-013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos. Servizo de Montaxe e Equipamento.

c) Número do expediente: AB-SER2-12-013.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición de equipamento de anestesia.

c) División por lotes e número: lote único.

d) Lugar de entrega da subministración: Hospital da Costa (Burela).

e) Prazo máximo de entrega: 45 días naturais desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: adxudicación baseada na pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento sen IVE: 177.500,00 €.

Orzamento con IVE: 191.700,00 €.

5. Garantías.

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Sanidade-Servizo Galego de Saúde. Dirección de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos. Servizo de Montaxe e Equipamento.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

c) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

d) Teléfonos: 881 54 27 66/881 54 27 68.

e) Telefax: 881 54 86 11.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o último día do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia técnica: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do oitavo día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Se o último día de presentación coincide en sábado ou día inhábil, na localidade de presentación das ofertas, este prazo prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses a contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

f) Admisión de ofertas conxuntas: non procede.

9. Apertura das proposicións: a data, hora e lugar de realización das mesas de apertura dos sobres B e C (acto público) publicarase no perfil do contratante www.sergas.es

10. Outras informacións: toda información relativa ao expediente farase pública na páxina web que se cita neste anuncio.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo está indicado no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: www.sergas.es

Santiago de Compostela,12 de xullo de 2012

P.D. (Decreto 311/2009, Orde 15 de xuño)
Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos