Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2012 Páx. 32124

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (696/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento seguridade social 696/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Galega Accidentes de Traballo contra a empresa Coslaco, S.L, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva é o seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 5 de xullo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reintegro prestacións 696/2010. É demandante Mutua Galega de Accidentes de Traballo, coa representación da letrada Sra. Vidal Rodríguez, e demandados a empresa Coslaco, S.L., así como o Instituto Xeral da Seguridade Social (INSS) e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), coa representación da letrada da Administración da Seguridade Social Sra. Guerra Díaz.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Mutua Galega de Accidentes de Traballo contra a empresa Coslaco, S.L., así como contra o Instituto Xeral da Seguridade Social e contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, en consecuencia, declaro a responsabilidade directa e principal da empresa Coslaco, S.L. no aboamento das prestacións de incapacidade temporal e dos gastos de asistencia sanitaria satisfeitos ao traballador Víctor Hugo Rocha Silva por accidente de traballo, así como a subsidiara do Instituto Nacional da Seguridade Social, como Fondo de garantía de accidentes de traballo, no concreto suposto de insolvencia declarada da empresa, e da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, como Fondo de reaseguro, e condeno a empresa Coslaco, S.L. ao aboamento a favor de Mutua Gallega de Accidentes de Traballo da cantidade de 920,79 euros, con responsabilidad subsidiaria del Instituto Nacional da Seguridade Social, así como da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpoñer recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a Coslaco, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 11 de xullo de 2012

A secretaria xudicial