Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2012 Páx. 32171

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Allariz

ANUNCIO de exposición pública de licenza de actividade para a instalación dunha planta de aglomerado asfáltico en quente.

Extraco, Construccións e Proxectos, S.A. solicitou licenza de actividade para a instalación dunha planta de aglomerado asfáltico en quente, nas parcelas 81 á 86 do parque empresarial de Chorente SUI-1, de Roiriz, en Allariz, sometida á avaliación de incidencia ambiental, e neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir período de información pública por termo de vinte días, que comezará a contar desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, para que quen se vexa afectado dalgún modo pola dita actividade presente as observacións que considere pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

Allariz, 2 de agosto de 2012

Francisco García Suárez
Alcalde