Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2012 Páx. 32178

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xinzo de Limia

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de explotación cunícula.

Generosa Míguez Fernández solicitou nesta alcaldía licenza municipal para ampliación de explotación cunícula na parcela número 362 do polígono 513 da CP de Pena, deste municipio. Cumprindo o disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública durante o período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no DOG– poidan examinar o expediente, na Secretaría do concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as observacións que consideren oportunas.

Xinzo de Limia, 19 de xullo de 2012

Antonio Pérez Rodríguez
Alcalde