Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 31 de agosto de 2012 Páx. 34843

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (330/2012).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento 330/2012, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«A Coruña, 31 de xullo de 2012.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 330/2012, seguidos por instancia de Abdou Fedior, que comparece asistido do letrado Sr. Pousa Merens, contra a empresa Pavimentos Compavi, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, e o Fogasa, que non comparece ao acto do xuízo, versando a litis sobre despedimento.

Decisión:

Primeiro. Que debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por Henrique Fernández Vázquez, asistido pola letrada Sra. Garrido Fernández, contra a empresa Adicional Logistics España, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, e declaro a improcedencia do despedimento con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, á elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación da presente sentenza. A dita opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo, sen que optase, entenderase que procede a readmisión.

Segundo. A indemnización e os salarios de tramitación que aboará a empresa demandada Adicional Logistics España, S.L., segundo o disposto no número anterior:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: 26.010,14 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a presente sentenza, calculados a razón de 44,08 euros/día.

Terceiro. Así mesmo, estimando a demanda de reclamación de cantidade formulada por Henrique Fernández Vázquez, asistido pola letrada Sra. Garrido Fernández, contra a empresa Adicional Logistics España, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, debo condenar e condeno a empresa demandada a aboarlle ao demandante a cantidade de 1.714,96 euros, no sentido exposto no fundamento xurídico terceiro, cos xuros moratorios pertinentes. Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo. Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Pavimentos Compavi, S.L., en ignorado paradoiro, expido el presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 31 de xullo de 2012

A secretaria xudicial