Vanesa María Baños Constenla solicitou desta alcaldía licenza municipal para a actividade de ampliación de explotación gandeira que se situará no lugar de Frades, 6 (Frades). En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a computarse desde o día seguinte ao da última inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, no Departamento Municipal de Urbanismo, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.
A Estrada, 3 de agosto de 2012
Juan M. Constenla Carbón
Alcalde en funcións