Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2012 Páx. 43395

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se resolven os recursos de alzada interpostos contra a resolución recaída nos expedientes sancionadores PO-EP 418/11 e PO-EP 419/11, en materia de espectáculos públicos, tramitados na provincia de Pontevedra.

Intentada a notificación ao titular do establecemento que se indica a continuación sen que se puidese practicar, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a resolución dos recursos de alzada que se relacionan no anexo, interpostos contra a resolución recaída nos expedientes sancionadores PO-EP 418/11 e PO-EP 419/11 abertos por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, cabe formular recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2012

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Nº expediente

Recorrente

Enderezo

Establecemento

Data e sentido da resolución do recurso de alzada

PO-EP 418/11

Manuel Antonio Pillao Argibay

R/ Venezuela, 25

R/ Panamá, 5-7

Sala de festas Embassi

18.7.2012

Desestimatorio

PO-EP 419/11

Manuel Antonio Pillao Argibay

R/ Venezuela, 25

R/ Panamá, 5-7

Sala de festas Embassi

18.7.2012

Desestimatorio