Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2012 Páx. 43334

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 218/2012, do 15 de novembro, polo que se dispón que cese José Santiago Camba Bouzas como secretario xeral da Emigración.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 26 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día quince de novembro de dous mil doce,

DISPOÑO:

Que cese, por pasar a outro destino, José Santiago Camba Bouzas como secretario xeral da Emigración, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, quince de novembro de dous mil doce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza