Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2012 Páx. 43409

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 19 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete á información pública a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada presentada por Alimentos Lácteos, S.A. para unha planta de produción de leite, localizada no concello de Outeiro de Rei (Lugo) (clave 2012-IPPC-M-65).

Con data do 18 de abril de 2008 outorgouse a autorización ambiental integrada nº 2006/0159_NAA/IPPC_127 para unha instalación dedicada á produción de leite, localizada no concello de Outeiro de Rei (Lugo), da que na actualidade é titular Alimentos Lácteos, S.A. Nesta autorización estableceuse unha vixencia de cinco anos, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ao titular.

O artigo 25 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, estipula que, unha vez transcorrido o prazo de vixencia da autorización, esta debe ser renovada e, de ser caso, actualizada. Atendendo ao indicado, e para os efectos previstos no artigo 7.2 do Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o regulamento para o desenvolvemento e a execución da Lei 16/2002, faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación presentada polo solicitante para a renovación da autorización ambiental integrada, constituída polo documento titulado:

Planta de produción e transformación de alimentos lácteos, en Outeiro de Rei (Lugo). Proxecto básico de solicitude de renovación da autorización ambiental integrada rev.01.

Co fin de que calquera persoa interesada poida consultalo e, de ser o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. O dito documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela).

– Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (rolda da Muralla 70, 27071 Lugo).

– Concello de Outeiro de Rei (praza do Concello 1, 27150 Outeiro de Rei).

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental