Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2012 Páx. 43439

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica LMT subestación As Conchas-O Valoiro no concello de Lobios (expediente IN407A 2012/47-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT subestación As Conchas-O Valoiro.

Situación: Lobios.

Características técnicas:

LMT aereosubterránea a 20 kV de 185 m en aéreo con condutor LA110/ 116,2 mm2 e 60 m en subterráneo con condutor RHZ1, con orixe no poste existente da LMT saída subestación As Conchas e remate no CT existente do Valoiro (32CH07).

Orzamento: 22.368,62 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; r/ Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 17 de outubro de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense