Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2012 Páx. 43475

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

CÉDULA do 24 de outubro de 2012, do Servizo Provincial de Infraestruturas de Pontevedra, pola que se fai pública a notificación da apertura do expediente sancionador 139/12.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), efectúaselle á persoa que se cita a continuación a notificación de apertura do expediente sancionador instruído por infraccións da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia (DOG nº 210, do 31 novembro).

Nº de expediente: 139/12.

Denunciado: Manuel Iglesias Piñón.

Enderezo: Lavandeira, Sobral, Xeve (Pontevedra).

O dito interesado dispón dun prazo de oito días, contados a partir do seguinte día ao da publicación deste edicto, para poder examinar o expediente no Servizo Provincial de Infraestruturas de Pontevedra da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (r/ Fernández Ladreda, 43-1º, Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra) e presentar ante o citado servizo as alegacións que considere pertinentes.

Pontevedra, 24 de outubro de 2012

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo Provincial de Infraestruturas de Pontevedra