Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2012 Páx. 43384

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (427/2012).

Neste órgano xudicial tramítase recurso de apelación (LACN) 427/2012, seguido por instancia de María Cristina Barros García, contra Manuel Señorans Lázaro, Virtudes Piñeiro Vázquez, Manuel Castro Moldes, José Radio Moldes, Juan Reiriz Pérez, Carmen Vázquez Vidal, Moisés Camiña Torres, Elena Abuín Chantada, herdeiros de Francisco Torres Martínez, no cal se ditou sentenza con data 24.7.2012, cuxo teor literal é o seguinte:

«A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, constituída en tribunal unipersoal pola maxistrada María Begoña Rodríguez González, ditou, en nome do rei, a seguinte

Sentenza número 420

Pontevedra, 24 de xullo de 2012

Vistos en grao de apelación ante esta Sección 1 da Audiencia Provincial de Pontevedra os autos de xuízo verbal 212/2009, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Cambados, aos cales correspondeu o rolo número 427/2012, nos cales aparece como parte apelante-demandante María Cristina Barros García, representada polo procurador Gabriel Santos Conde, e asistida pola letrada Inés Barreiro Reboredo, e como parte apelada-demandada: Virtudes Piñeiro Vázquez, José Radio Moldes, Manuel Señorans Lázaro, Manuel Castro Moldes, representado pola procuradora Dolores Abella Otero, e asistido polo letrado Juan Martínez Baúlo; Carmen Vázquez Vidal, Moisés Camiña Torres, Elena Abuín Chantada, Juan Reiriz Pérez, Concepción Señorans Pombo e herdeiros de Francisco Torres, que non compareceron nesta alzada, e sendo relatora a maxistrada María Begoña Rodríguez González.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decido que debo desestimar e desestimo o recurso de apelación interposto por Cristina Barros García, representada polo procurador Gabriel Santos Conde, contra a sentenza ditada nos autos de xuízo verbal número 212/2009 polo Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Cambados, sen especial imposición de custas.

Así o acorda, manda e asina a maxistrada da Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra María Begoña Rodríguez González».

Seguen as rúbricas. Certifico.

O inserido concorda ben e fielmente co seu orixinal, ao cal me remito, en caso necesario, para que así conste e se remita ao Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación aos herdeiros de Francisco Torres Martínez, expido e asino o presente edicto.

Pontevedra, 31 de xullo de 2012

A secretaria xudicial