Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2012 Páx. 43391

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 591/12-M).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número DSP 591/12 por instancia de Elisa Alonso Andrés contra Promotora Rocanor, S.L. e Peluquería Estética Glomour, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, nos cales no día da data foi ditada sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Resolvo:

1. Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento, foi interposta por Elisa Alonso Andrés contra a entidade Promotora Rocanor, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que a demandante foi obxecto en data do 12 de abril de 2012, e condeno a empresa demandada, Promotora Rocanor, S.L. a que, no prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza, opte entre a readmisión da traballadora, ou o aboamento dunha indemnización por despedimento na contía de 1.743 €.

O aboamento da indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cesamento efectivo no traballo.

No caso de que a empresa opte pola readmisión, deberá aboar, ademais, á demandante os salarios deixados de percibir desde a data do despedimento até a notificación da sentenza que declare a improcedencia ou ata que a demandante encontrase outro emprego, se tal colocación fose anterior á devandita sentenza e o empresario probase o percibido, para o seu desconto dos salarios de tramitación.

No suposto de non optar o empresario pola readmisión ou a indemnización, entenderase que procede a readmisión.

2. Que estimo a demanda de reclamación de cantidade que foi interposta por Elisa Alonso Andrés contra a entidade Promotora Rocanor, S.L. e, en consecuencia, condeno a entidade demandada a aboar á demandante a cantidade de 3.226,88 €, polos conceptos detallados no feito probado da presente resolución, cantidade que deberá incrementarse no xuro do 10 % por mora aplicable aos conceptos salariais.

3. Que desestimo as demandas que en materia de despedimento e reclamacion de cantidade, foron interpostas por Elisa Alonso Andrés contra a entidade Peluquería Estética Glamour, e absolvo a demandada das peticións articuladas contra ela.

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interporen contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso for interposto pola parte demandada, non se admitirá este sen a consignación previa do importe da condena, que se deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña aberta no grupo Banesto, máis 300 € do depósito especial indicado no artigo 229 da LRXS. Ambos os ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada e a empresa pode substituír o importe da consignación pola constitución ao dispor deste xulgado dun aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

Para que conste e se insira no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Promotora Rocanor, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nas dependencias do xulgado salvo as que revistan forma de emprazamento, sentenza e auto, e expido e asino este edicto.

A Coruña, 29 de outubro de 2012

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial