En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día cinco de decembro de dous mil doce,
DISPOÑO:
Que cese José Carlos García Bouzas, como consecuencia da modificación da estrutura orgánica, como director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, cinco de decembro de dous mil doce
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza