Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2012 Páx. 46303

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 25 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores en materia de conservación da natureza LU-RES 2012/128 e LU-RES 2012/134.

De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados polo xefe territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70, 2º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do prazo fixado.

Lugo, 25 de outubro de 2012

José Mª López Vega
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-RES 2012/128.

Interesada: Florentina Coman.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.

Expediente: LU-RES 2012/134.

Interesados: Daniel Marín e Andrei Marín.

Acto notificado: arquivamento de denuncia.