Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2012 Páx. 46312

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Cervo (expediente IN407A 2012/70-2, 8039 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4-1º, 27002 Lugo.

Denominación: modificado de proxecto para CS para subministración eléctrica en Bidueira, estrada Sargadelos a San Cibrao.

Situación: concello de Cervo.

Características técnicas:

– Desprazamento dun tramo da LMTS cunha lonxitude de 12 metros, con orixe no CS proxectado e final no CTC (13614) Vivendas Sociais Cervo.

– LMTS a 20 kV, con orixe nun paso aéreo a soterrado situado nun apoio da LMT Espiñeirido e final no CS proxectado, cunha lonxitude de 32 metros en condutor tipo RHZ-240.

– LMTS a 20 kV, con orixe no CS proxectado e final nun paso aéreo a soterrado situado nun apoio da LMT Espiñeirido, cunha lonxitude de 32 metros en condutor tipo RHZ-240.

– CS en edificio prefabricado tipo PFU-4, no cal se instalan tres celas de liña, unha de servizos auxiliares e unha de protección homopolar.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 15 de novembro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo