Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2012 Páx. 46361

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Feiras e Exposicións de Ourense

ANUNCIO de licitación para a contratación do servizo de montaxe de feiras para 2013.

Unha vez aprobado polo Comité Executivo, na xuntanza ordinaria do 29 de novembro de 2012, o prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas que rexerán esta licitación, faise público para os efectos da presentación de ofertas por parte dos licitadores interesados.

Entidade adxudicadora: Fundación Feiras e Exposicións de Ourense. Orzamento base de licitación, IVE excluído: 196.000 euros.

Páxina web para consulta de pregos: www.expourense.org

Prazo para presentar ofertas: ata 15 días naturais desde o seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia. Lugar de presentación: Rexistro da Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense, Finca Sevilla s/n, 32005 Ourense).

Ourense, 29 de novembro de 2012

Celso Manuel Barbosa Rodríguez
Presidente do Comité Executivo da Fundción Feiras e Exposicións de Ourense