Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira 2, 32960 Velle.
Denominación: novo CT polígono Chorente.
Situación: Allariz.
Características técnicas: CT proxectado polígono Chorente, prefabricado, de 630 kVA e R/T 20.000/400-230 V, alimentado pola LMT subterránea ALL805 entre o CT 32CV40 (CD Allarluz) eo CT 32CHV1 (Chorente IV), con entrada e saída no CT proxectado.
Orzamento: 43.317,17 euros.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Ourense, 19 de novembro de 2012
Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense