Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2012 Páx. 46979

VI. Anuncios

b) Administración local

Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Sanxenxo

ANUNCIO polo que se somete a información pública a solicitude de licenza de actividade para apertura dun taller de mantemento de vehículos, en Aios, 127. Noalla.

Solicitada desta presidencia por Mario Leiro Aguín licenza municipal (expediente nº A-019/11) para apertura dun taller de mantemento de vehículos, en Aios, 127, Noalla, en cumprimento do disposto no artigo 8.3, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, no BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de exposición pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. O expediente atópase á disposición do público en xeral e pódese consultar na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo (rúa Cesteiros, 14 baixo, Sanxenxo), de 9.00 a 14.00 horas.

Sanxenxo, 26 de novembro de 2012

Catalina González Bea
Presidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo
do Concello de Sanxenxo