Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2012 Páx. 46976

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO de información pública sobre a apertura de torradora e almacén de café, azucre e complementos de hostalaría.

Mosiasvilki, S.L., con NIF B65567232, solicitou desta alcaldía licenza municipal para a apertura de torradora e almacén de café, azucre e complementos de hostalaría, no edificio B, nave N, da agrupación dos predios 9,10 e 11 do polígono industrial (Vilalba-Lugo). En cumprimento do disposto no artigo 8, punto 3, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte (20) días, contados a partir da última publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, coa finalidade de que durante este poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgunha maneira se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións e observacións que xulguen oportunas.

Vilalba, 22 de novembro de 2012

Gerardo Criado Guizán
Alcalde