Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Mércores, 6 de febreiro de 2013 Páx. 3499

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1543/2010).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 1543/2010 CRS a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dimanantes dos autos número 1105/2009, do Xulgado do Social número 1 de Vigo, promovidos por Cristina Sobrino Cal contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Servicios Teleinformáticos de Galicia, S.L., Asepeyo, mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social número 151, sobre accidente de grao, con data do 20 de decembro de 2012 se ditou a resolución coa seguinte parte dispositiva:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Crsitina Sobrino Cal contra a sentenza ditada o 16 de febreiro de 2010 polo Xulgado do Social número 1 de Vigo, en proceso promovido pola recorrente contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a mutua Asepeyo e a empresa Servicios Teleinformáticos de Galicia, S.L., debemos confirmar e confirmamos a sentenza contra a cal se recorreu.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Servicios Teleinformáticos de Galicia, S.L., con último domicilio coñecido en Vigo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan autos, sentenzas ou emprazamentos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial