Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Martes, 19 de febreiro de 2013 Páx. 4799

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 13 de febreiro de 2013, da Delegación da Axencia Tributaria de Galicia de Lugo, polo que se comunica a realización da poxa pública dos bens/dereitos que se describen.

O día 25 de marzo de 2013, ás 10.00 horas, no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Lugo (sito na rolda da Muralla, 70), terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a continuación:

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

Lote 1. Único

Dereitos hereditarios que á debedora Carmen Gancedo Soto lle poidan corresponder sobre a herdanza do seu pai José Gancedo Núñez, falecido o 10 de novembro de 2006, sendo declarados herdeiros: Ana María Carrete Gancedo, Carmen Gancedo Soto e Manuel Gancedo Soto. Con testamento dado ante o notario Emilio Navarro Moreno da cidade de Lugo e número de protocolo 518 de 30.3.2004, segundo expediente de sucesións nº 2007/27/000/00748 presentado na Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda en Lugo.

225.013,98

Sen cargas

225.013,98

500,00

Lote 2. Único

Predio 32.432. Tomo 805, libro 316, folio 184. Rústico. Campón de Arriba, A Parte de Abaixo. Destinado a labradío e sito na parroquia de Covas, municipio de Viveiro. Ocupa a superficie de sete áreas e sesenta centiáreas. Titularidade: Cristina Rivera Gómez, 100 % do pleno dominio con carácter ganancial.

6.606,15

Sen cargas

6.606,15

200,00

Lote 3.1

Rústico. Mazadón sito no municipio do Corgo e destinado a uso agrario. Ocupa a superficie de nove mil once metros cadrados. Ref. catastral: 27014 A 108003640000 JJ. Titularidade: José Manuel Santacruz Galán, 100 % propiedade. Predio 12.496.

12.743,55

Sen cargas

12.743,55

200,00

Lote 3.2

2. Rústico. Fontao sito no municipio do Corgo e destinado a uso agrario. Ocupa a superficie de sete mil novecentos trinta e cinco metros cadrados. Ref. catastral: 27014 A 125001280000 JR. Titularidade: José Manuel Santacruz Galán, 100 % propiedade. Predio 12.497.

10.077,46

Sen cargas

10.077,46

200,00

Lote 3.3

Rústico. Mazandán sito no municipio do Corgo e destinado a uso agrario. Ocupa a superficie de catro mil cento setenta e seis metros cadrados. Ref. catastral: 27014 A 125001360000 JE. Titularidade: José Manuel Santacruz Galán, 100 % propiedade. Predio 12.498.

6.139,20

Sen cargas

6.139,20

200,00

Lote 3.4

Rústico. Zama sito no municipio do Corgo e destinado a uso agrario. Ocupa a superficie de douscentos corenta e sete metros cadrados. Ref. catastral: 27014 A 125001430000 JH. Titularidade: José Manuel Santacruz Galán, 100 % propiedade. Predio 12.499.

299,20

Sen cargas

299,20

100,00

Lote 3.5

Rústico. Carballeira Domingo Prado sito no municipio do Corgo e destinado a uso agrario. Ocupa a superficie de setecentos corenta e oito metros cadrados. Ref. catastral: 27014 A 125001520000 JQ. Titularidade: José Manuel Santacruz Galán, 100 % propiedade. Predio 12.500.

912,44

Sen cargas

912,44

100,00

Lote 3.6

Rústico. Carballeira sito no municipio do Corgo e destinado a uso agrario. Ocupa a superficie de cento vinte e oito metros cadrados. Ref. catastral: 27014 A 125001620000 JK. Titularidade: José Manuel Santacruz Galán, 100 % propiedade. Predio 12.501.

155,05

Sen cargas

155,05

100,00

Lote 3.7

Rústico. Vincallo sito no municipio do Corgo e destinado a uso agrario. Ocupa a superficie de tres mil oitocentos cincuenta e sete metros cadrados. Ref. catastral: 27014 A 126000530000 JZ. Titularidade: José Manuel Santacruz Galán, 100 % propiedade. Predio 12.502

4.672,12

Sen cargas

4.672,12

200,00

Lote 3.8

Rústico. A Presa sito no municipio do Corgo e destinado a uso agrario. Ocupa a superficie de cinco mil trinta e nove metros cadrados. Ref. catastral: 27014 A 126000540000 JU. Titularidade: José Manuel Santacruz Galán, 100 % propiedade. Predio 12.503.

7.400,22

Sen cargas

7.400,22

200,00

Lote 3.9

Rústico. Fontao sito no municipio do Corgo e destinado a uso agrario. Ocupa a superficie de catro mil cento sesenta e nove metros cadrados. Ref. catastral: 27014 A 126000780000 JI. Titularidade: José Manuel Santacruz Galán, 100 % propiedade. Predio 12.504.

5.050,06

Sen cargas

5.050,06

200,00

Lote 3.10

Rústico. Pereiro sito no municipio do Corgo e destinado a uso agrario. Ocupa a superficie de mil cento trinta e un metros cadrados. Ref. catastral: 27014 A 126000840000 JS. titularidade: José Manuel Santacruz Galán, 100 % propiedade. Predio 12.505.

1.370,02

Sen cargas

1.370,02

100,00

Lote 3.11

Rústico. Pedreiro sito no municipio do Corgo e destinado a uso agrario. Ocupa a superficie de setecentos cincuenta e dous metros cadrados. Ref. catastral: 27014 A 126001170000 JH. Titularidade: José Manuel Santacruz Galán, 100 % propiedade. Predio 12.506.

1.184,03

Sen cargas

1.184,03

100,00

Lote 3.12

Rústico. Mereira sito no municipio do Corgo e destinado a uso agrario. Ocupa a superficie de mil cento corenta e dous metros cadrados. Ref. catastral: 27014 A 126001340000 JM. Titularidade: José Manuel Santacruz Galán, 100 % propiedade. Predio 12.507.

1.628.05

Sen cargas

1.628.05

100,00

Lote 3.13

Rústico. Regueiro sito no municipio do Corgo e destinado a uso agrario. Ocupa a superficie de trescentos setenta e catro metros cadrados. Ref. catastral: 27014 A 126002230000 JQ. Titularidade: José Manuel Santacruz Galán, 100 % propiedade. Terreo 12.508.

453,04

Sen cargas

453,04

100,00

Lote 4. Único

Predio 1.763. Tomo 451, libro 21, folio 60. Urbano. Terreo urbano non edificado sito no polígono industrial da vila de Rábade que ten unha superficie de dous mil cincocentos corenta metros cadrados. Ref. catastral: 1246907 PH 1714 N 0001 FS. Titularidade: Transportes José Carlos Vázquez, S.L. co 100 % do pleno dominio con carácter propio por título de compravenda.

120.534,55

60.346,12

60.188,43

500,00

Lote 5. Único

Predio 49.994 N. Tomo 994, libro 555, folio 171. Urbano. Local comercial, en parte da planta baixa do edificio sito na rolda do Carmen 60-62 na cidade de Lugo. Ocupa a superficie de trescentos cincuenta e un metros e tres decímetros cadrados. Titularidade: Gerardo Varela Barja, pleno dominio con carácter privativo por adxudicación en liquidación da sociedade de gananciais. Ref. catastral: 7132036 PH 1673 S 0002 YM.

353.838,24

443.413,52

30.353,73

500,00

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar:

a) Están á disposición dos interesados na Zona de Recadación de Lugo, rúa Conde, 30 baixo, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento nos que constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos que haberá de se conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscribibles nos rexistros públicos, os licitadores non poderán exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; que, de non estar inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o que pode efectuarse a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria, e que, nos demais casos nos que sexa preciso, haberán de proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos bens ou dereitos.

e) Obriga de constituir ante a mesa da poxa, con anterioridade á súa celebración, un depósito do 20 % do tipo da poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 %. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades nas que incorrerán polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo do remate.

O depósito constituirase mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera outro medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará, no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes, a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado. Neste caso a mesa de poxa substituirá os licitadores, poxando por eles na forma prevista para o efecto.

i) Logo da celebración da primeira licitación, a mesa poderá acordar a celebración dunha segunda licitación, logo de deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 % do tipo da poxa na primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación e de quedar bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa por prazo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa da poxa.

A mesa da poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo do mes desde o do seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente, co límite total de seis meses.

Lugo, 13 de febreiro de 2013

Gonzalo Vázquez Rivas
Delegado da Axencia Tributaria de Galicia de Lugo e presidente da mesa