Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 11 de marzo de 2013 Páx. 7266

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 1 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente de intervención cautelar tramitado nesta xefatura territorial co número IC 20/12 DEP.

Con data do 7 de novembro de 2012, a conselleira de Sanidade resolveu desestimar o recurso de alzada que presentou Alfonso Dacosta Canosa, en representación da entidade Xestadelo, S.L., con CIF B36345148 e enderezo na avenida José Graña, 28, do concello de Cangas, contra o acordo de intervención cautelar núm. IC 20/12 DEP, ditado pola xefa territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra, o 24.4.2012.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e, ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle ao/á director/a xerente da entidade Xestadelo, S.L. a referida resolución, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o/a asiste para presentar recurso contencioso- administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e no artigo 91 da Lei 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, no prazo de dous meses que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, de conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1998.

Tamén se lle lembra o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, avenida Fernández Ladreda, núm. 43, 1º, ou na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade (Servizo Técnico-Xurídico), situada no terceiro andar do Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/a interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 1 de febreiro de 2013

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra