Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 11 de marzo de 2013 Páx. 7238

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 25 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se comunica o acordo de iniciación do expediente sancionador E.S. 40/13, seguido a Areas, S.A. (CIF A08225013).

Notifícaselle a denunciada, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, o acordo de iniciación do expediente sancionador, que se cita no anexo, ditado pola xefa territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, e que na súa parte dispositiva di: «Unha vez visto o informe de 28.1.2013 emitido polo Servizo de Administración Industrial desta xefatura territorial, considérase que existe unha posible infracción administrativa en materia de industria, o que xustifica o inicio de expediente sancinador».

A interesada dispón do prazo de quince días, contado desde o día seguinte ao da publicación deste acordo para presentar alegacións, documentos e informacións, perante a xefa territorial da Coruña de Economía e Industria da Xunta de Galicia, e poderá examinar dentro deste prazo o expediente instruído na Xefatura Territorial de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (reclamacións), segundo o disposto no artigo 84.2 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 25 de febreiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Denunciado: Areas, S.A.

Enderezo coñecido: AP-9, p.q. 15500 marxe dereita e esquerda (estación de servizo). 15630 Miño (A Coruña).

Infracción: artigo 113.c) da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos.