Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 11 de marzo de 2013 Páx. 7288

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 20 de febreiro de 2013 pola que se dá traslado do acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/13/2013.

O xefe do Servizo de Inspección Urbanística II acordou, o 31 de xaneiro de 2013, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística polas obras consistentes na construción de tres edificacións, sen autorización urbanística autonómica, nas cales se desenvolven actividades de hostalaría, no lugar de Ameiró, parroquia de Dena, no termo municipal de Meaño, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Manuel Domínguez Méndez, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que coide pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística