Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 11 de marzo de 2013 Páx. 7299

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO de información pública sobre licenza para taller de maquinaria agrícola.

Javier González Vázquez, con DNI 76581703Y, solicitou desta alcaldía licenza municipal para a apertura dun taller de maquinaria agrícola, que se situará no lugar de Vilaester-Rioaveso (Vilalba-Lugo). En cumprimento do disposto no artigo 8, número 3, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días, contados a partir da última publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, coa finalidade de que durante este poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgunha maneira se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións e observacións que consideren oportunas.

Vilalba, 6 de febreiro de 2013

Gerardo Criado Guizán
Alcalde