Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 49, do 11 de marzo de 2013, cómpre facer as seguintes correccións:
– Na páxina 7154, no artigo 2, no punto 1, onde di: «... de acordo co establecido no número seguinte deste artigo...», debe dicir: «... de acordo co establecido no parágrafo seguinte deste punto...».
– Na páxina 7170, no artigo 20, no parágrafo primeiro, onde di: «... a partir do día seguinte ao da publicación da relación de beneficiarios/as...», debe dicir: «... a partir do día seguinte ao da súa notificación...».
– Na mesma páxina, no artigo 20, no parágrafo segundo, onde di: «... a partir do día seguinte ao da publicación da relación de beneficiarios/as...», debe dicir: «... a partir do día seguinte ao da súa notificación...».