Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 6 de xuño de 2013 Páx. 20914

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2013/108-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, nº 204, 36207 Vigo.

Denominación: modificación recuamento LMT Santa Margarida.

Situación: Pontevedra.

Características técnicas: instalación de dous apoios C-4500/ 16 fin de liña na LMT MUR825, nos cales se realizará cadanseu paso aéreo-subterráneo (P.A.S.). Retensado dos vans aéreos contiguos aos apoios proxectados (170 metros con condutor LA-110). LMT subterránea (MUR825) a 20 kV con condutor tipo RHZ de 203 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado P.A.S (nó 1) e final no CT existente Varela Villamor (nó 5). A instalación está situada na zona de Santa Margarida, Pontevedra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 7 de maio de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra