De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe territorial.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial do Medio Rural e do Mar sita na rúa Vicente Ferrer núm. 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.
A Coruña, 11 de xuño de 2013
Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: MON-CO-0033-2013-VNA.
Denunciado: Bernardino Santiago Fernández.
Acto de notificación: acordo de inicio.