Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 16 de outubro de 2013 Páx. 41000

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (715/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de María Teresa Viño Vaamonde contra Plantel Servicios y Obras, S.L. e Sertran Noroeste, S.L., rexistrado co nº 715/2013, se acordou citar a Plantel Servicios y Obras, S.L. e Sertran Noroeste, S.L., en paradoiro ignorado, co fin de que comparezan na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, Polígono das Fontiñas, CP 15707, o día 4 de novembro de 2013, ás 11.25 e 11.30 horas, para a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poden comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é convocatoria única e de que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten á súa disposición na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda, decreto de admisión desta e demais resolucións e documentos que constan no procedemento.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ao representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención á demandante, poida estar esta representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse de avogado, procurador ou graduado social colexiado no acto de xuízo.

E para que lles sirva de citación a Plantel Servicios y Obras, S.L. e Sertran Noroeste, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2013

A secretaria xudicial