Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 16 de outubro de 2013 Páx. 40928

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento da propiedade industrial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Programa i2C PI), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (código de procedemento IN525A).

A Constitución española recolle, no seu artigo 149.1º.9, como competencia exclusiva do Estado a lexislación sobre propiedade intelectual e industrial.

O Estatuto de autonomía de Galicia recolle, no seu artigo 29, como competencia da Comunidade Autónoma de Galicia a execución da lexislación do Estado en materia de propiedade industrial e intelectual.

O traspaso da competencia de execución en materia de propiedade industrial foi incluído no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, de transferencia de funcións e servizos do Estado en materia de industria, e foi atribuído o seu desempeño á Consellería de Industria polo Decreto 132/1982, do 4 de novembro.

A Lei 12/1993, do 6 de agosto, de fomento da investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, no seu artigo 1 establece como obxectivo xeral o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica para promover o desenvolvemento económico, social e produtivo de Galicia. Como unha ferramenta encamiñada ao logro deste obxectivo, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 23 de decembro de 2010, aprobou o Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (en diante, Plan I2C).

O Decreto 227/2012, do 2 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, determina que estará integrada, entre outros departamentos, pola Consellería de Economía e Industria.

O Decreto 89/2011, do 31 de marzo, polo que se modifica o Decreto 332/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e o Decreto 324/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, establece que lle corresponde á Dirección Xeral de I+D+i, entre outras funcións, a planificación, coordinación, execución e seguimento das competencias que en materia de investigación ten atribuídas a Comunidade Autónoma de Galicia; a elaboración, xestión, coordinación e control do Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica; a planificación, coordinación, execución e seguimento das competencias e funcións da consellería nas materias de innovación tecnolóxica e innovación na xestión dos sectores produtivos, de infraestruturas tecnolóxicas e de propiedade industrial.

Unha vez constituída a Axencia Galega de Innovación, establecida no Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro (DOG nº 19, do 19 de xaneiro), polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos, e de acordo co disposto na súa disposición adicional primeira, quedou suprimida a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Economía e Industria, subrogándose a Axencia na totalidade dos seus dereitos e obrigas derivados do exercicio das correspondentes competencias e sucedéndoa en todas as súas competencias. O artigo 9 do Decreto 50/2102, do 12 de xaneiro, establece que lle corresponde a este centro directivo xestionar e outorgar as subvencións nas materias da súa competencia, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 3 de xuño, de subvencións de Galicia, e a normativa que a desenvolva.

O Plan I2C ten un especial empeño en promover o crecemento empresarial. En relación cos contidos da presente convocatoria, cabe destacar dentro do Plan I2C, que se estrutura en retos, eixes estratéxicos e liñas de actuación asociadas aos diferentes eixes, o denominado Reto 4, de crecemento empresarial; como eixes estratéxicos cómpre subliñar o Eixe estratéxico 4, que se orienta a dar valor ao coñecemento a través da súa transferencia ao tecido empresarial como motor de innovación e desenvolvemento económico, sendo unha das súas liñas de actuación o impulso de accións para protexer a propiedade intelectual.

Na presente convocatoria están previstas axudas ás empresas para a protección da propiedade industrial desenvolvida por empresas en Galicia, que quedarán suxeitas ao réxime de axudas de minimis establecidas nos seguintes regulamentos comunitarios: Regulamento (CE) 1998/2006 da Comisión da Unión Europea, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis (DOUE nº L379/5, do 28 de decembro); Regulamento (CE) 875/2007 da Comisión, do 24 de xullo, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis no sector pesqueiro (DOUE nº L193/6, do 25 de xullo) e que modifica o Regulamento (CE) 1860/2004; Regulamento (CE) 1535/2007 da Comisión, do 20 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis no sector da produción de produtos agrícolas (DOUE nº L 337/35, do 21 de decembro).

Con este apoio financeiro procúrase, así mesmo, a equiparación da actividade rexistral do noso tecido empresarial co resto do Estado español e, consecuentemente, unha mellora das condicións de competitividade de Galicia.

De acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), esta convocatoria tramítase na modalidade de concorrencia non competitiva, de modo que as solicitudes de subvención serán atendidas respectando a súa orde de entrada e sen comparación con outras solicitudes, ata o esgotamento do crédito dispoñible. O feito de non acudir ao procedemento de concorrencia competitiva motívase porque as axudas se outorgarán polo mero feito de cumprir uns requisitos regrados e fixados de forma clara nesta convocatoria de subvencións, de tal maneira que non é axeitado, atendendo á finalidade e ao obxecto da axuda, establecer criterios de gradación entre os posibles beneficiarios, para os efectos de proceder á comparación das súas solicitudes.

Así mesmo, co fin de simplificar os trámites administrativos e, en consecuencia, facilitar o acceso ás axudas, optouse por unificar todo o proceso de gasto (realización e pagamento), de tal forma que soamente se presente unha solicitude de subvención unha vez realizados e pagados os gastos subvencionables.

Consecuentemente con todo o anterior e en exercicio das facultades que me confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación,

DISPOÑO:

Artigo 1. Convocatoria e bases reguladoras

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación para o fomento da propiedade industrial (código de procedemento IN525A), que se inclúen como anexo I.

2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as devanditas subvencións para o ano 2013.

3.a. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007, que no seu artigo 19.2º establece que nas bases reguladoras das convocatorias de axudas poderá exceptuarse o requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e a finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario coas garantías previstas no artigo 31.4º desta lei.

b. A concesión destas axudas estará, en todo caso, condicionada á existencia de crédito orzamentario e, no caso de esgotamento do crédito, a Administración publicará a indicada circunstancia, o que levará consigo a non admisión das solicitudes posteriores, sen prexuízo de que a Administración poida optar por incrementar o crédito orzamentario nos seguintes supostos:

a) Unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) A existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

4. Este réxime de axudas quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis establecidas nos seguintes regulamentos comunitarios: Regulamento (CE) 1998/2006 da Comisión da Unión Europea, do 15 de decembro; Regulamento (CE) 875/2007 da Comisión, do 24 de xullo; Regulamento (CE) 1535/2007 da Comisión, do 20 de decembro. De acordo co establecido nestes regulamentos comunitarios:

a) Non se poderán conceder as axudas recollidas nesta convocatoria ás empresas en crise, ao sector do carbón e aos demais sectores contemplados no artigo 1.1 do Regulamento (CE) 1998/2006 da Comisión. As empresas pertencentes ao sector pesqueiro, contempladas no Regulamento (CE) 875/2007 da Comisión, e as empresas do sector da produción de produtos agrícolas, contempladas no Regulamento (CE) 1535/2007 da Comisión, si poderán ser beneficiarias da presente convocatoria.

b) De acordo co establecido no Regulamento (CE) 1998/2006 da Comisión, a axuda total de minimis concedida a unha empresa determinada non será superior a 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. A axuda total de minimis concedida a unha empresa que opere no sector do transporte por estrada non será superior a 100.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.

Para as empresas do sector pesqueiro, a axuda total de minimis concedida a unha empresa determinada non será superior a 30.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais, de acordo co establecido no Regulamento (CE) 875/2007 da Comisión.

Para as empresas do sector da produción de produtos agrícolas, a axuda total de minimis concedida a unha empresa determinada non será superior a 7.500 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais, de acordo co establecido no Regulamento (CE) 1535/2007 da Comisión.

Estes límites aplicaranse independentemente da forma da axuda de minimis ou do obxectivo perseguido e indistintamente de se a axuda concedida polo Estado membro está financiada total ou parcialmente mediante recursos de orixe comunitario. O período determinarase tomando como referencia os exercicios fiscais empregados pola empresa no Estado membro correspondente.

Artigo 2. Solicitudes

Para poder ser beneficiario das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada aos modelos normalizados que figuran como anexos desta resolución, que irán acompañados dos documentos que se especifican no artigo 3 das correspondentes bases reguladoras.

Artigo 3. Lugar e prazo de presentación das solicitudes

1. Para poder ser beneficiario das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 3 das correspondentes bases reguladoras.

2. A solicitude de subvención (anexo II) poderase obter, cubrir ou imprimir a través dos enderezos da internet https://sede.xunta.es ou http://gain.xunta.es/ da Xunta de Galicia facendo uso do enlace dispoñible co procedemento IN525A.

3. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,
https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedementos administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.

4. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 15 de novembro de 2013, salvo que se produza o suposto de esgotamento de crédito previsto no artigo 8.3º desta resolución. Neste caso, informarase do peche adiantado do prazo de solicitude a través das páxinas web da Axencia Galega de Innovación e no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 4. Información aos interesados

1. Sobre os procedementos recollidos nesta resolución poderase obter información adicional na Axencia Galega de Innovación, a través dos seguintes medios:

a) Na páxina web oficial da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.es/), na súa epígrafe de «Axudas».

b) Nos teléfonos 981 95 73 90 e 981 95 73 91 da devandita axencia.

c) No enderezo electrónico infosegapi.gain@xunta.es

d) Presencialmente.

2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outro procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia 012.

3. De acordo co establecido no artigo 14 letra ñ) da Lei 9/2007, as entidades beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións e dos aspectos previstos no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (en diante, Lei 15/1999).

Artigo 5. Financiamento e concorrencia

1. As subvencións imputaranse á aplicación orzamentaria que se indica neste artigo, na que existe crédito axeitado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma para o ano 2013. A aplicación orzamentaria coa que se financian estas axudas poderá estar financiada polo Feder Galicia 2007-2013, eixe 2, tema prioritario 09, actuación 1 e con FCI. O importe financiado por estes fondos repartiríase nun 80 % de Feder e nun 20 % de FCI.

Aplicación orzamentaria

Feder/FCI

Código proxecto

Crédito 2013

08.A3.741A.771.0

Si

200800375

250.000,00 €

2. A axuda que se vai conceder asume a forma de subvención a fondo perdido e a súa contía será o 70 % dos gastos subvencionables, sempre que exista crédito.

3. Así mesmo, a suma das subvencións percibidas por un mesmo beneficiario, resultado de ter presentado unha ou varias solicitudes ao abeiro desta convocatoria, non poderá superar os 30.000 euros.

4. As subvencións reguladas nestas bases serán incompatibles con calquera outra axuda outorgada, para os mesmos gastos, por calquera outra Administración, organismo ou ente público ou privado. Desta maneira, as axudas outorgadas non superarán o custo total elixible do proxecto.

Artigo 6. Consentimentos e autorizacións

1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras. De conformidade co artigo 20.3º da Lei 9/2007, cos artigos 6º.2.b) e 9º da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e co artigo 35 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, a presentación da solicitude de concesión da subvención comportará a autorización do solicitante ao órgano xestor para solicitar e obter da Axencia Estatal da Administración Tributaria os datos identificativos necesarios (identificador do NIF-NIE-DNI, apelidos e nome ou razón social, e domicilio fiscal) e as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Axencia Tributaria de Galicia. Non obstante, o solicitante poderá denegar expresamente o consentimento, debendo presentar daquela as certificacións nos termos previstos regulamentariamente.

No caso específico do DNI e o NIE, o solicitante tamén poderá prestar o consentimento para que o órgano xestor acceda ao Sistema de verificación de datos de identidade (SVDI) do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos (DOG nº 221, do 13 de novembro) e coa Orde do 12 de xaneiro de 2012 pola que se regula a habilitación de procedementos administrativos e servizos na Administración xeral e no sector público autonómico de Galicia (DOG nº 10, do 16 de xaneiro).

Así mesmo, cando o solicitante identifique nos formularios normalizados que o documento relativo ao poder de representación legal da entidade solicitante xa está inscrito nun rexistro mercantil, en lugar de achegar o dito documento, o órgano instrutor accederá á citada información mercantil, sen ningún custo para o solicitante, e comprobará que os datos declarados polo solicitante son exactos e que están en vigor. Será condición necesaria neste caso que os representantes teñan plenos poderes de administración da entidade mercantil tales como a administración única, administración solidaria ou mancomunada, ou mesmo o cargo de conselleiro delegado. Nos formularios de solicitude deberá indicarse entre os indicados o tipo de apoderamento, Rexistro Mercantil Provincial da inscrición e o número da inscrición (1ª no caso da escritura de constitución, 2ª, 3ª etc.).

Para outros apoderados de entidades mercantís distintos dos anteriores, aínda que dispoñan de poderes xerais ou especiais inscritos nun rexistro mercantil, non poderá acreditarse a súa representación por esta vía dadas as características técnicas da consulta ao Rexistro Mercantil, tendo que achegar a documentación segundo o indicado no artigo 3 das bases.

Advírtese que con este procedemento as empresas non teñen que presentar á Xunta de Galicia múltiples escrituras que recollen distintos feitos rexistrais ao longo da vida da sociedade, tales como constitución, modificación de obxecto social, cambio de nome ou denominación social, renovación de cargos etc., xa que a información facilitada polo Rexistro Mercantil está actualizada incluíndo todos os datos vixentes.

Advírtese que o acceso público á información do Rexistro Mercantil non está suxeito a autorización polo interesado, mais a Axencia Galega de Innovación só accederá a dita información cando o interesado expresamente identifique que non presenta determinada documentación por xa estar inscrita nun rexistro mercantil, sen menoscabo da posibilidade que ten o órgano xestor para comprobar outras circunstancias que poidan concorrer no expediente como a existencia de declaración concursal, ou outras circunstancias inscritibles que imposibiliten a concesión dunha axuda pública.

Este dereito pode exercerse de acordo co disposto no artigo 6º.2.b), no artigo 9 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, no artigo 35 do Decreto 198/2010, de 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, e no artigo 4 da Orde do 12 de xaneiro de 2012 pola que se regula a habilitación de procedementos administrativos e servizos na Administración xeral e no sector público autonómico de Galicia.

2. Así mesmo, consonte co establecido na letra f) do artigo 35 da LRXAP-PAC, se o solicitante indica que certos documentos que se deban usar neste procedemento xa están no poder da Administración actuante, a presentación da solicitude implica a autorización ao órgano instrutor para acceder a ela. Neste caso, o solicitante deberá facer constar a data e o órgano en que foron presentados ou, de ser o caso, emitidos, e non poden ter transcorrido máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da subvención consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, no devandito rexistro, feito que terá lugar agás nos supostos legalmente establecidos.

4. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño (en diante, Lei 4/2006), de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, a Axencia Galega de Innovación publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a referida publicidade.

5. A Axencia Galega de Innovación velará polos datos de carácter persoal, que serán obxecto de tratamento, e para eses efectos procederase á súa incorporación a un ficheiro que cumprirá as exixencias da Lei 15/1999, adoptándose tanto as medidas de seguridade técnicas como organizativas.

A finalidade da recollida dos datos persoais será estritamente a xestión e tramitación do expediente correspondente e as que deriven da aplicación da Lei 4/2006.

Os datos non serán obxecto de cesión a terceiros; non obstante, a Axencia Galega de Innovación revelaralles ás autoridades públicas competentes os datos persoais e calquera outra información que estea no seu poder ou sexa accesible a través dos seus sistemas e sexa requirida de conformidade coas disposicións legais e regulamentarias aplicables ao caso. Decláranse recoñecidos e poderán exercerse os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición por escrito e achegando identificación suficiente ao seguinte enderezo: rúa dos Feáns, 7, baixo, 15706 Santiago de Compostela, ou ben mediante o procedemento habilitado para o efecto e que se poderá atopar na Guía do cidadán da páxina web da Xunta.

6. As propostas que resulten seleccionadas pasarán a formar parte da lista pública de beneficiarios prevista nos artigos 6 e 7.2.d) do Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006.

Artigo 7. Órganos competentes

A Axencia Galega de Innovación será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión das subvencións. Corresponderalle ao director da Axencia Galega de Innovación ditar as resolucións de concesión e pagamento.

Artigo 8. Instrución dos procedementos

1. De conformidade co establecido no artigo 71 da LRXAP-PAC, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nesta convocatoria ou nas bases reguladoras requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixese, se terá por desistido na súa petición, logo da correspondente resolución.

Este requirimento de emenda tamén se fará se das certificacións obtidas de conformidade co artigo 6.1 desta convocatoria resulta que o solicitante non se atopa ao día de pagamento das súas obrigas tributarias co Estado, coa comunidade autónoma e coa Seguridade Social.

2. Sen prexuízo do disposto no punto anterior, poderá requirirse do solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

3. Ata o esgotamento do crédito dispoñible, a concesión das subvencións efectuarase respectando a data de prioridade adquirida polas solicitudes, con base no establecido no punto anterior, e conforme as seguintes regras:

• A data de prioridade, para os efectos de reservar o crédito necesario para atender a posible subvención, será a data en que a correspondente solicitude de subvención se presentase, nalgún dos lugares previstos no artigo 3 desta resolución.

• Sempre que se cumpran os requisitos determinados nestas bases e na convocatoria, e ata o esgotamento do crédito dispoñible, as solicitudes de subvención serán atendidas respectando a súa orde de entrada e sen comparación con outras solicitudes.

No caso de coincidencia na data de presentación entre dúas ou máis solicitudes, presentadas en rexistros diferentes, a orde de prioridade virá determinada polo número e data de entrada no rexistro do Segapi.

4. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nesta convocatoria, nas bases reguladoras ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de non admisión, na que se indicarán as causas desta.

5. O non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información será causa da desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007.

Artigo 9. Audiencia

1. Instruído o procedemento, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, porase de manifesto aos interesados para que, nun prazo de dez días, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes. Así mesmo, nesa notificación comunicarase o importe previsto da axuda (expresado en equivalente bruto de subvención) e o seu carácter de minimis, facendo referencia expresa ao regulamento comunitario que sexa de aplicación á empresa beneficiaria segundo o sector ao que pertenza: Regulamento (CE) 1998/2006 da Comisión da Unión Europea, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis (DOUE nº L379/5, do 28 de decembro); Regulamento (CE) 875/2007 da Comisión, do 24 de xullo, relativo á aplicación dos artigos 87 y 88 do Tratado CE ás axudas de minimis no sector pesqueiro (DOUE nº L193/6, do 25 de xullo) e que modifica o Regulamento (CE) 1860/2004; Regulamento (CE) 1535/2007 da Comisión, do 20 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis no sector da produción de produtos agrícolas (DOUE nº L 337/35, do 21 de decembro).

2. Poderase prescindir do trámite a que se refire o punto anterior cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.

Artigo 10. Resolución e notificación

1. Unha vez concluído o trámite de audiencia e segundo o que dispón o artigo 21.4º da Lei 9/2007, ao non ser tidos en conta outros feitos nin outras alegacións e probas que as aducidas polos interesados, o director da Axencia Galega de Innovación formulará a resolución de concesión ou denegación da axuda, que será motivada, de acordo co establecido nestas bases. A Axencia Galega de Innovación adoptará as medidas necesarias para a instrución dos correspondentes expedientes de gasto.

2. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ao interesado será ata o 31 de decembro de 2013. Se transcorre o prazo máximo para resolver sen que recaia resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

3. Segundo dispón o artigo 24 da Lei 9/2007 todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido nos artigos 58 e 59 da LRXAP-PAC.

Artigo 11. Réxime de recursos

Contra as resolucións ditadas ao abeiro desta resolución de convocatoria, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, perante o presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 12. Obrigas dos beneficiarios

Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, así como daqueloutras específicas que se indiquen nos anexos desta convocatoria, os beneficiarios das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución quedan obrigados a:

a) Proceder ao reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.

b) Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas e, se é o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

c) Comunicarlle á Axencia Galega de Innovación a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

d) Manter as actividades subvencionadas durante un período mínimo de cinco anos.

e) Non superar as porcentaxes máximas de acumulación de axudas establecidas na normativa comunitaria europea.

f) Solicitarlle á Axencia Galega de Innovación, previamente á súa realización e, en todo caso, antes de que remate o prazo de xustificación da subvención, autorización para realizar calquera modificación no desenvolvemento dos proxectos aprobados. Terase en conta que a realización de modificacións non autorizadas no orzamento financiable suporá a devolución das cantidades desviadas.

g) Dar a axeitada publicidade do carácter público do financiamento de programas, actividades, investimentos ou actuacións de calquera tipo que sexan obxecto de subvención, nos termos establecidos no Regulamento (CE) 1828/2006, da Comisión, do 8 de decembro.

h) Cumprir as medidas en materia de información e publicidade reguladas na sección 1 do capítulo II do Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, polo que se fixan normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello, coas modificacións introducidas polo Regulamento (CE) nº 846/2009 da Comisión, do 1 de setembro de 2009. Estas medidas están recollidas na Guía de publicidade e información das intervencións cofinanciadas polos fondos estruturais 2007-2013 que pode consultarse na páxina web:

http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/area-de-planificacion-e-fondos

i) Os beneficiarios deberán manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondentes cos investimentos realizados ao abeiro desta resolución, e deberán conservar a documentación xustificativa dos devanditos investimentos por un período de tres anos a partir do peche do programa operativo, de acordo co disposto nos artigos 60 e 90 do Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello, do 11 de xullo de 2006.

Artigo 13. Gradación dos incumprimentos, reintegros e sancións

1. A entidade beneficiaria da subvención deberá cumprir cos obxectivos, proxectos, actividades e comportamentos que fundamenten a concesión da subvención, así como os compromisos asumidos nela. De non ser así, perderá o dereito ao seu cobramento e/ou, de ser o caso, procederá ao reintegro da subvención.

Tamén deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención ou axuda pública percibida e aos xuros de mora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos recollidos nos artigos 32 e seguintes da Lei 9/2007. Para facer efectiva esta devolución tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto na citada lei e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007 (en diante, Regulamento 11/2009).

2. O incumprimento total dos fins para os que se concedeu a subvención, determinado a través dos mecanismos de seguimento e control ou da realización do investimento financiable será causa de perda do dereito ao cobramento ou reintegro total da subvención.

3. O incumprimento parcial dos fins para os que se concedeu a axuda, determinado a través dos mecanismos de seguimento e control, da realización do investimento financiable ou da obriga de xustificación dará lugar á perda do dereito ao cobramento da subvención ou ao reintegro parcial da subvención na porcentaxe correspondente ao investimento non efectuado ou non xustificado.

4. Sen prexuízo do anterior, aos beneficiarios das subvencións reguladas nesta resolución seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007.

Artigo 14. Control

1. A Axencia Galega de Innovación poderá facer as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento do obxectivo das subvencións.

2. A Axencia Galega de Innovación, polos medios que considere, poderá realizar nas entidades perceptoras de subvencións, en calquera momento, as comprobacións e aclaracións que considere necesarias para o correcto desenvolvemento do proxecto; se se constata unha incorrecta utilización dos fondos ou un desvío dos obxectivos, poderá propoñer a suspensión da subvención concedida. Así mesmo, poderá convocar os responsables da entidade beneficiaria, se o considera necesario, a unha entrevista en relación coa execución das actividades e os resultados obtidos.

3. Ademais do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (en diante, DL 1/1999) e a súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, estarán sometidas ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ás da autoridade de xestión e, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, e deberán achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

Artigo 15. Publicidade

Cando remate o prazo de presentación de solicitudes, e unha vez revisadas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Artigo 16. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases observarase o previsto na normativa básica da Lei estatal 38/2003 de subvencións, do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, que a desenvolve e da Orde EHA/524/2008, do Ministerio de Economía e Facenda, do 26 de febreiro, pola que se aproban os gastos subvencionables dos programas operativos do Feder e do Fondo de Cohesión, así como na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

É de aplicación a este réxime de axudas o Regulamento (CE) 1998/2006 da Comisión da Unión Europea, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis (DOUE nº L379/5, do 28 de decembro); o Regulamento (CE) 875/2007 da Comisión, do 24 de xullo, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis no sector pesqueiro (DOUE nº L193/6, do 25 de xullo) e que modifica o Regulamento (CE) 1860/2004, o Regulamento (CE) 1535/2007 da Comisión, do 20 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis no sector da produción de produtos agrícolas (DOUE nº L 337/35, do 21 de decembro); o Regulamento (CE) nº 1080/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xullo de 2006, relativo ao Feder, e o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello, do 11 de xullo de 2006, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Feder, ao FSE e ao Fondo de Cohesión. Así mesmo, é aplicable o Regulamento (CE) nº 1828/2006, da Comisión, do 8 de decembro de 2006, modificado polo Regulamento (CE) nº 846/2009 da Comisión, do 1 de setembro de 2009, e a restante normativa que resulte de aplicación.

Disposición adicional única. Tramitación

A revisión dos expedientes desta convocatoria de axudas poderá ser realizada pola Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, de acordo co establecido na encomenda de xestión para o ano 2013 realizada pola Axencia Galega de Innovación á dita entidade, por Resolución do 30 de maio de 2013, que quedará sometida a todos os requisitos recollidos no artigo 10 da Lei 9/2007 para obter a condición de entidade colaboradora, asumindo as obrigas previstas no artigo 12 do mesmo texto legal.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2013

Manuel Antonio Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I
Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva,
das subvencións para o fomento das innovacións técnicas (invencións)
(código de procedemento IN525A)

Artigo 1. Obxecto e réxime das subvencións

1. O obxectivo das subvencións reguladas nestas bases é fomentar a protección da propiedade industrial en Galicia, tanto a nivel nacional como internacional, para garantir a plena explotación dos resultados das nosas innovacións mediante o impulso da protección das innovacións técnicas (invencións).

2. Estas subvencións destinaranse a atender os gastos derivados da tramitación de solicitudes de títulos de propiedade industrial relativos a invencións e da súa renovación, ante as oficinas nacionais, rexionais ou internacionais. Dentro destas tramitacións inclúense como subvencionables, sempre que cumpran os requisitos da Orde EHA/524/2008, do Ministerio de Economía e Facenda, do 26 de febreiro, pola que se aproban os gastos subvencionables dos programas operativos do Feder e do Fondo de Cohesión, os seguintes conceptos e gastos:

a) Solicitude dos títulos de propiedade industrial correspondentes a invencións. Dentro deste concepto inclúense todos os trámites que sexan necesarios para a solicitude do título correspondente e que supoñan o pagamento dunha taxa oficial ante a oficina de propiedade industrial correspondente, así como a transformación ou a extensión territorial de títulos existentes. Terán a consideración de gastos subvencionables os seguintes:

• Os importes das taxas aplicadas polas ditas oficinas para a realización dos trámites citados.

• Os gastos de consultoría externa asociados á preparación e presentación ante ditas oficinas da documentación correspondente aos trámites citados. Establécense unhas contías máximas subvencionables para estes gastos de consultoría que se recollen no anexo V.

b) Mantemento dos títulos de propiedade industrial correspondentes a invencións. Dentro deste concepto inclúense todos os trámites correspondentes á renovación e posta en explotación de patentes e modelos de utilidade realizados ante a oficina oficial de propiedade industrial correspondente. Terán a consideración de gastos subvencionables os seguintes:

• Os importes das taxas aplicadas polas ditas oficinas para a realización dos trámites citados.

• Os gastos de consultoría externa asociados á preparación e presentación ante ditas oficinas da documentación correspondente aos trámites citados. Establécense unhas contías máximas subvencionables para estes gastos de consultoría que se recollen no anexo V.

c) Análises de rexistrabilidade dos títulos de propiedade industrial correspondentes a invencións. Terán a consideración de gastos subvencionables os seguintes:

• Os prezos públicos aplicados pola Oficina Española de Patentes e Marcas asociados á realización de buscas retrospectivas ou informes tecnolóxicos de patentes.

• Os gastos de consultoría externa asociados á realización de buscas de antecedentes rexistrais ou informes de rexistrabilidade, efectuados con carácter previo á solicitude de protección do título de que se trate. Establécense unhas contías máximas subvencionables para estes gastos de consultoría que se recollen no anexo V.

A subvencionalidade destes gastos está condicionada á presentación, ante a oficina de que se trate, da solicitude do título correspondente.

3. Con respecto aos gastos descritos no número 2 deste artigo, non serán subvencionables os seguintes:

• O imposto sobre o valor engadido (IVE).

• No caso de trámites realizados ante a Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM), os gastos de intermediación entre o solicitante de subvención e a consultora externa prestadora do servizo para o que se solicita subvención; é dicir, soamente se subvencionarán os gastos de consultoría da entidade que realizou efectivamente a tramitación, e non os da que serviu de mero intermediario.

• No caso de trámites realizados ante as oficinas oficiais de propiedade industrial fóra de España, soamente se subvencionará un gasto de consultoría ou asesoramento para cada trámite realizado.

4. O solicitante de subvención para os gastos subvencionables referidos no punto 2, letras a), b) e c) deste artigo, deberá ser o peticionario ou o titular dos títulos de propiedade industrial correspondentes.

No caso de que haxa máis dun solicitante do título de propiedade industrial, o solicitante da axuda deberá declarar que o resto das partes interesadas (cotitulares) están enteradas e conformes con que o solicitante da axuda pedise esta subvención, e deberá cubrir a correspondente declaración no anexo II.

En calquera caso, deberá nomearse un representante único ou representante dos cotitulares, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiarios, lles correspondan a estes, de acordo co establecido no artigo 8.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Na solicitude de subvención, cada cotitular que solicite a axuda reflicitirá a proporción de gasto asumida por el, así como o correspondente importe da subvención proporcional que solicita. Na resolución de concesión de axudas deixarase constancia, neste caso, dos gastos asumidos e subvencionados a cada cotitular.

No caso de que os solicitantes sexan de natureza xurídica distinta e algún ou algúns deles non poidan ser beneficiarios desta subvención, de conformidade co artigo 2 destas bases, a axuda que se outorgue será proporcional aos gastos sufragados polos posibles beneficiarios segundo se declare ou se xustifique na documentación achegada.

5. Estas subvencións terán unha única anualidade, e só se admitirán aqueles gastos, dos relacionados no punto 2 deste artigo, que fosen realizados e pagados dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2013 e a data de presentación da solicitude de subvención. O prazo límite para a presentación de solicitudes de subvención está regulado no artigo 3.4º desta resolución.

Artigo 2. Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios destas subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos na convocatoria e nestas bases, e segundo os conceptos e gastos subvencionables descritos no artigo 1.2º destas bases, as empresas de carácter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes, que teñan o seu domicilio social ou algún centro produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que os conceptos para os que solicitan a subvención teñan aplicación directa nestes centros produtivos.

2. Non se poderán conceder as axudas recollidas nesta convocatoria ás empresas en crise, ao sector do carbón e aos demais sectores previstos no artigo 1.1 do Regulamento (CE) 1998/2006 da Comisión. As empresas pertencentes ao sector pesqueiro, contempladas no Regulamento (CE) 875/2007 da Comisión, e as empresas do sector da produción de produtos agrícolas, recollidas no Regulamento (CE) 1535/2007 da Comisión, si poderán ser beneficiarias da presente convocatoria.

As entidades beneficiarias non poderán ter a consideración de empresa en crise conforme o disposto no artigo 1.7 do Regulamento (CE) 800/2008, de 6 de agosto, da Comisión en relación ás pemes e conforme o disposto no punto 2.1 das Directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas en crise (2004/C 244/02) en relación coas grandes empresas.

Artigo 3. Solicitudes

1. As solicitudes para participar no procedemento de concesión das subvencións presentaranse na forma e prazo que se indican na convocatoria.

2. A presentación da solicitude de concesión de subvención polo interesado comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante poderá denegar expresamente o consentimento, debendo presentar entón a certificación nos termos previstos regulamentariamente.

3. Xunto coas solicitudes deberá achegarse a seguinte documentación:

a) Unha copia compulsada do NIF do solicitante, así como do DNI da persoa ou persoas que asinan a solicitude, se non se achegase a autorización que se sinala no punto h) deste mesmo número; no caso de non presentala, e en aplicación do establecido no artigo 6.1º desta resolución, será verificado polo órgano concedente. Os estranxeiros residentes presentarán o NIE.

b) Se o solicitante é un traballador autónomo, deberá acreditarse esta circunstancia achegando copia compulsada do documento xustificativo da súa alta na Seguridade Social no réxime especial de traballadores autónomos, así como do último recibo aboado a este organismo por ese concepto.

c) Se o solicitante é unha persoa xurídica, copia compulsada do documento público acreditativo do poder co que actúa o seu representante.

d) Declaración de axudas obtidas ou solicitadas, para os mesmos gastos, en calquera outra administración, organismos ou entes públicos ou privados, que haberá de formularse segundo o modelo recollido no anexo II desta resolución. De ser o caso, para as axudas concedidas deberá presentarse copia da resolución de concesión.

e) Declaración de axudas, amparadas pola cláusula de minimis, obtidas ou solicitadas durante os últimos tres anos, en calquera outra administración, organismos ou entes públicos ou privados, que haberá de formularse segundo o modelo recollido no anexo II desta resolución ou, de ser o caso, declaración de non ter recibido ningunha.

f) Declaración responsable acerca da veracidade dos datos consignados na solicitude e relativos á conta bancaria onde se debe realizar o pagamento da subvención, os cales inclúen o código de banco, código de sucursal, díxito de control e código de conta corrente.

g) Declaración de cumprimento dos requisitos de beneficiario e de non ser empresa en crise que deberá formularse segundo o modelo recollido no anexo II desta resolución. A dita declaración sinalará que a entidade solicitante está ao día de pagamentos de obrigas por reintegros de subvencións e que non concorre nela ningunha das circunstancias relacionadas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, que prevé que non poderán obter a condición de beneficiario ou entidade colaboradora das subvencións as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias seguintes:

a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.

b) Solicitar a declaración de concurso, ser declarados insolventes en calquera procedemento, estar declarados en concurso, estar suxeitos a intervención xudicial ou ser inhabilitados conforme a Lei concursal sen que conclúa o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

c) Dar lugar, por causa da que fosen declarados culpables, á resolución firme de calquera contrato asinado coa Administración.

d) Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que teñan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.

e) Non estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma nos termos que regulamentariamente se determinen.

f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.

g) Non estar ao día de pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos que regulamentariamente se determine.

h) Ter sido sancionado mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo esta lei ou a Lei xeral tributaria.

h) Declaración do coñecemento do previsto no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de atoparse ao día nas obrigas tributarias e sociais coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Axencia Tributaria de Galicia, e de obtención da Axencia Estatal da Administración Tributaria dos datos identificativos necesarios (identificador do NIF-NIE-DNI, apelidos e nome ou razón social e domicilio fiscal).

i) Cadro de gastos, que deberá formularse segundo o modelo recollido no anexo II desta resolución, en que deberán detallarse os gastos conforme as instrucións que figuran no anexo III.

k) Xustificantes de realización e pagamento dos gastos (para cada un dos gastos que se recollan no anexo II):

• Fotocopia do documento que acredite a realización do trámite correspondente ante a oficina de propiedade industrial que demostre a súa realización dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2013 e a data de presentación da solicitude de subvención de que se trate.

• Fotocopia do documento acreditativo do pagamento da taxa, cando se trate de conceptos incluídos nas letras a) e b) do artigo 1º.2.

• Copia compulsada das facturas dos provedores (que deberán reflectir para cada gasto, o seu importe e a súa descrición, co mesmo detalle que o exixido no anexo II) e os orixinais ou copias compulsadas dos documentos bancarios acreditativos do pagamento destas facturas (que permitan identificar a factura e o provedor), cando existan gastos de consultoría.

• Unha copia das buscas ou informes para os que se solicita subvención, cando se trate de conceptos incluídos na letra c) do artigo 1º.2.

l) O órgano xestor solicitará unha tradución a unha das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia naqueles supostos en que o considere oportuno.

m) Calquera outro documento que se requira, para a determinación e comprobación dos datos en virtude dos cales deba formularse a proposta de resolución.

Artigo 4. Seguimento

A entidade beneficiaria da subvención deberá remitir á Axencia Galega de Innovación, no momento en que se produza, unha copia da publicación do modelo de utilidade ou da solicitude de patente xunto co informe sobre o Estado da Técnica no Boletín Oficial da Propiedade Industrial da OEPM, sempre que supoñan o pago dunha taxa.

A non presentación da devandita documentación ante a Axencia Galega de Innovación no prazo de tres anos contados a partir da data de solicitude da axuda implicará o reintegro da subvención concedida para os custos correspondentes.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file