Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 16 de outubro de 2013 Páx. 40909

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 29 de maio de 2013 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos para actividades de educación para o desenvolvemento que executarán as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento.

Conforme o establecido no artigo 14 da Orde do 29 de maio de 2013, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos para actividades de educación para o desenvolvemento que executarán as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento, unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con indicación das entidades beneficiarias, da contía e finalidade.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas por Resolución da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea do 12 de setembro de 2013, de conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 29 de maio de 2013 (DOG núm. 109, do 10 de xuño) para a execución de:

– 17 proxectos para actividades de educación para o desenvolvemento por un importe total de catrocentos oitenta e cinco mil trescentos setenta e cinco euros (485.375,00 €), nas contías, beneficiarios e finalidade que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2013

Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO

Nº expediente

Entidade solicitante

Denominación do proxecto

Custo total do proxecto en €

Subvención concedida en €

Anualidade 2013

Anualidade 2014

2013/17

Enxeñería Sen Fronteiras agrupada con Amigos da Terra Galicia-Xuventude e a Universidade de Santiago de Compostela

Investigación e sensibilización sobre a problemática da actividade acuícola insustentable e promoción de alternativas artesanais baseadas na economía social: pontes entre Golfo de Fonseca (Centroamérica) e Galicia

54.593,00

39.913,00

15.965,20

23.947,80

2013/16

Enxeñería Sen Fronteiras

Proxecto de difusión do concepto de tecnoloxía para o desenvolvemento humano mediante a sensibilización e a educación formal na comunidade educativa de base tecnolóxica e na sociedade galega en xeral 2013-2014

48.366,00

21.687,00

8.674,80

13.012,20

2013/6

Fundación InteRed

Crear unha rede galega de participación cidadá para dar pulo á transformación social baseada na ética do coidado con enfoque DD.HH. e de xénero (Rede Cidadá con Ética do Coidado)

40.195,00

29.995,00

11.998,00

17.997,00

2013/34

Solidariedade Internacional de Galicia agrupada coa Fundación Intervida e a Asociación Mundo Cooperante

Cooperación galega; o mundo que queremos

45.459,85

39.955,00

15.982,00

23.973,00

2013/26

Solidariedade Internacional de Galicia agrupada coa Universidade da Coruña

Investigando na educación para o desenvolvemento: un estudo de caso sobre a implementación do proxecto O tesouro de Acahualinca

27.434,27

24.287,00

9.714,80

14.572,20

2013/14

Manos Unidas

ODM 3 e 8: Non hai xustiza sen igualdade e Un novo mundo, un proxecto común

35.424,00

27.750,00

11.100,00

16.650,00

2013/5

Asemblea de Cooperación pola Paz agrupada con Agareso

Mellora da educación e comunicación para o desenvolvemento na educación infantil, primaria e secundaria, e da formación en cooperación e comunicación para o desenvolvemento no ámbito universitario (EpD-CpD III)

43.759,69

39.379,00

15.751,60

23.627,40

2013/37

Fundación Intermón Oxfam

O que a túa neveira agacha: axentes multiplicadores cambian as súas pautas de consumo e difúndenas contribuíndo á consecución dunha xustiza alimentaria global

12.325,00

9.860,00

3.944,00

5.916,00

2013/8

Fundación Entreculturas Fe y Alegría

Cidadanía global, educación e dereitos humanos: participación para o cambio social por parte da mocidade e do profesorado da Rede Solidaria da Mocidade no curso 2013-2014

35.800,00

30.000,00

12.000,00

18.000,00

2013/10

Asociación Amarante Setem para o Ecodesenvolvemento

Proxecto de formación e sensibilización sobre a feminización da pobreza no sector téxtil e alternativas para un consumo responsable de roupa. 2ª fase

35.435,88

29.844,00

11.937,60

17.906,40

2013/35

Solidariedade Internacional de Galicia

Vaia tea!

34.113,70

28.833,00

11.533,20

17.299,80

2013/2

Arquitectos Sen Fronteiras agrupada coa Universidade da Coruña

Proxecto de difusión do dereito ao hábitat a través da sensibilización e a educación formal na comunidade educativa 2013-2014

73.420,02

29.555,00

11.822,00

17.733,00

2013/23

Ecos do Sur agrupada con Mestura

Entre nós II

34.224,72

29.799,00

11.919,60

17.879,40

2013/3

Asociación Mundo Cooperante

Desigualdades (fase III): da feminización da pobreza á feminización do desenvolvemento

28.838,00

23.982,00

9.592,80

14.389,20

2013/25

Amigos da Terra Galicia-Xuventude

Impulsando o consumo sustentable e a alimentación ecolóxica nunha cidadanía crítica e informada (eco-consumo AdT)

12.240,00

10.476,00

4.190,40

6.285,60

2013/1

Asoc. Cultural de Cooperación e Desenvolvemento A Cova da Terra agrupada con Panxea e Sodepaz

Alternativas na escola: comercio xusto e soberanía alimentaria

40.900,00

34.800,00

13.920,00

20.880,00

2013/27

Educación Sin Fronteras agrupada coa Fundación Entreculturas Fe y Alegría e a Fundación Axuda en Acción

Campaña Mundial pola Educación 2014 (CME 2014)

39.260,00

35.260,00

14.104,00

21.156,00

Total

485.375,00

194.150,00

291.225,00