Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 16 de outubro de 2013 Páx. 41069

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO de información pública relativo a un taller de reparación de motores navais e industriais (expediente 2013000097).

Tecsumaga, S.L. representada por Juan Manuel Pintos Amengual solicitou licenza de apertura para desenvolvemento de actividade de taller de reparación de motores navais e industriais no camiño de Torrade, 17, Reboreda, Redondela (Pontevedra), de conformidade co disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública polo prazo de vinte días (20) hábiles, contados desde o seguinte ao da inserción deste anuncio no último xornal oficial en que se publique (Diario Oficial de Galicia ou Boletín Oficial da provincia).

Redondela, 19 de setembro de 2013

Javier Bas Corugeira
Alcalde