Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 16 de outubro de 2013 Páx. 41039

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 24 de setembro de 2013 polo que se fai pública a resolución ditada no expediente sancionador en materia de verteduras de augas residuais seguido contra Grupo JCA Hormigones, S.A. (concello de Vilaboa), clave DH.D36.18457.

Con data do 19 de agosto de 2013 ditouse resolución no expediente sancionador de referencia seguido contra Grupo JCA Hormigones, S.A. pola comisión dunha infracción de carácter leve tipificada no artigo 85.b) da Lei 9/2010, de augas de Galicia.

Intentada a notificación da dita resolución por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolto polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícaselle a resolución ao interesado, e fáiselle saber que unha copia dela se atopa á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo dun mes, contado desde o día desta publicación, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do dito acordo, tempo durante o cal poderá interpoñer recurso de alzada perante o presidente de Augas de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2013

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia