Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 17 de outubro de 2013 Páx. 41213

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 26 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador en materia de tenza de animais potencialmente perigosos ANP-PO-0023/2013-V.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do procedemento.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, situadas en San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, caberá, de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a interposición de recurso de reposición perante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da recepción da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo do domicilio do interesado ou da cidade de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da recepción da notificación, de conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2013

P.S. (Disposición adicional primeira do Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro;
Diario Oficial de Galicia número 16, do 24 de xaneiro)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente nº: ANP-PO-0023/2013-V.

Interesado: Denís Iglesias Mariño.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Derradeiro enderezo coñecido: lugar de Garlín, nº 10, Santa Comba (San Xoán), 36524 Agolada (Pontevedra).