Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 17 de outubro de 2013 Páx. 41235

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, estudo de impacto ambiental e plan de restauración da ampliación da concesión de explotación San Vicente número 4327, situada no concello de Vilamartín de Valdeorras e promovido por Canteras Villamartín, S.L.

O artigo 5.2 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro), dispón que os estudos de impacto ambiental se someterán ao trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Do mesmo xeito, o artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, establece que, unha vez completada a documentación, se abrirá un período de información pública que non será inferior a trinta días.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución, o proxecto de explotación, estudo de impacto ambiental e plan de restauración da ampliación da concesión de explotación San Vicente nº 4327, situado no concello de Vilamartín de Valdeorras, provincia de Ourense, e promovido por Canteras Villamartín, S.L.

Para os efectos informativos, porase, á disposición dos administrados que a soliciten, a documentación correspondente ao proxecto para consulta nas dependencias desta xefatura territorial, e no portal da Consellería de Economía e Industria, e as posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao xefe territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ourense, 2 de outubro de 2013

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 xullo)
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe do Servizo de Administración Industrial