Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 17 de outubro de 2013 Páx. 41254

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 30 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai público o remate das operacións de deslindamento parcial provisional dos montes veciñais en man común de Pradeda, Guntín, Entrambasaugas e Ladaoiro, no concello de Guntín.

O 10 de setembro de 2013 remataron as operacións de deslindamento parcial dos montes veciñais en man común das parroquias de Pradeda, Guntín, Entrambasaugas e Vilameá, no concello de Guntín.

En cumprimento co disposto nos artigos 120 e 121 do Regulamento de montes, do 22 de febreiro de 1962, ábrese o prazo de vista do expediente nas oficinas do Servizo de Montes, sitas na rolda da Muralla, 70, baixo 2º, durante o prazo de 15 días hábiles, a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e Boletín Oficial da provincia.

O dito expediente poderá ser examinado polos interesados todos os días hábiles desde as 9.00 ás 14.00 horas e admitiranse, durante os 15 días hábiles seguintes, as alegacións referentes á práctica do apeo ou ás propiedades atribuídas ao monte ao realizalo.

Só poderán reclamar contra a práctica do apeo aquelas persoas que asistiron, persoalmente ou por medio de representante, ao dito acto.

En canto ás reclamacións sobre a propiedade, só serán admitidas no caso de ter presentado os documentos correspondentes no prazo anterior ao apeo, fixado mediante edicto desta xefatura e publicado no BOP nº 93, do 23 de abril de 2013, e no DOG nº 83, do 30 de abril.

Lugo, 30 de setembro de 2013

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo