Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 17 de outubro de 2013 Páx. 41294

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2013, da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, para a contratación da obra de construción dunha escola infantil unitaria no Concello de Touro, cofinanciada ata nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 77.

Este Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Número de expediente: CGSIB/OBR/002/13.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: contratación dunha obra de construción dunha escola infantil unitaria no Concello de Touro.

a) Lugar de execución: Galicia.

b) Prazo de execución: 7 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 201.720,14 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: si (5 % do orzamento da adxudicación, excluído IVE).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: rúa Amor Ruibal, nº 30, 32, baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono de información: 981 56 87 05.

e) Telefax: 981 56 88 53.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata rematar o prazo de presentación de proposicións.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.igualdadebenestar.org

7. Requisitos específicos do/a contratista.

Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do vixésimo sexto (26º) día natural, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se coincide en sábado ou festivo, pasará ás 14.00 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que se ten que presentar: a que figura na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF de quen licita. No caso de tratárense de persoas inscritas no Rexistro de Contratistas, indicarase no exterior do sobre A, o número do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación:

1) Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

2) Domicilio: rúa Amor Ruibal, nº 30, 32, baixo.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Prazo durante o que a persoa que licita estará obrigada a manter a súa oferta: ver prego.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: rúa Amor Ruibal, nº 30, 32, baixo.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: a apertura en acto público do sobre B terá lugar na sala de xuntas do Consorcio o 20 de novembro de 2013, ás 10.00 horas, e do sobre C na data e hora que se lles notificará aos licitadores, por fax ou calquera outro medio admitido, e publicarase no perfil do contratante con dous días hábiles de antelación á súa realización.

10. Subcontratación.

a) As prestacións parciais que poderá subcontratar o adxudicatario non excederán do 60 % do importe da adxudicación.

b) Deberase notificar ao Consorcio a identidade das subcontratas que participen no contrato así como o xustificante de cumprimento dos pagamentos que se lles farán nos prazos legalmente dispostos.

11. Outras informacións.

– Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo á comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Criterios de valoración: os que se enumeran coas súas valoracións nos pregos e no perfil de contratante.

– Apertura dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizarase con anterioridade á apertura e valoración do sobre C. No caso de que a apertura do sobre B se atrase, farase pública a nova data mediante notificación por fax aos licitadores presentados e no perfil de contratante.

– Obra cofinanciada polo Ministerio de Educación no marco do Plan de impulso de la educación infantil Educa3.

12. Gastos dos anuncios: serán por conta da persoa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2013

P.D. (Comité Directivo do 9.12.2008; DOG do 31 de decembro)
Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar