Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 17 de outubro de 2013 Páx. 41291

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de información pública sobre exposición e venda de automóbiles.

Por Mara Poio, S.L., entidade representada por Benito José Castro Maceira, solicitou licenza municipal de actividade para exposición e venda de automóbiles (epígrafe 654.1), que se situará na avenida Rosalía de Castro, 114 baixo. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública, por un prazo de vinte días, para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente, no Departamento de Actividades Clasificadas do concello, e formular por escrito as alegacións que consideren pertinentes.

Vilagarcía de Arousa, 19 de setembro de 2013

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde presidente