Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 17 de outubro de 2013 Páx. 41139

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2013 pola que se lles dá publicidade aos avais concedidos polo Igape no segundo trimestre de 2013.

O artigo 13.2 do Decreto 284/1994, do 15 de setembro, de regulación de avais do Instituto Galego de Promoción Económica, establece que aos avais concedidos polo Igape se lles dará publicidade no Diario Oficial de Galicia.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Único. Darlles publicidade aos avais concedidos polo Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape):

Empresa

Data de concesión

Euros

Editorial Compostela, S.A.

30.4.2013

1.200.000,00

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2013

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica