Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2014 Páx. 7348

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Medio Rural e do Mar

DECRETO 17/2014, do 6 de febreiro, polo que se dispón o nomeamento de vogais do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

O Consello de Administración é o órgano superior colexiado de dirección do ente público Portos de Galicia, tal e como se dispón no artigo 10 do Regulamento do ente aprobado polo Decreto 227/1995, do 20 de xullo. No citado artigo sinálase a composición do Consello de Administración, así como a forma de nomeamento e cesamento dos seus vogais, sendo todos eles nomeados polo Consello da Xunta de Galicia por proposta do presidente do ente público Portos de Galicia, agás os representantes da Administración autonómica, que serán nomeados por proposta dos respectivos conselleiros.

O artigo 10.3 do Decreto 227/1995, do 20 de xullo, sinala entre os vogais representantes da Administración autonómica dous en representación da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, actual Consellería do Medio Rural e do Mar, catro en representación da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, actual Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e un en representación da Secretaría Xeral de Turismo, actual Axencia Turismo de Galicia.

Por conseguinte e vistas as propostas de cesamento e nomeamento remitidas polas respectivas consellerías, é preciso proceder á renovación dos seguintes vogais representantes da Consellería do Medio Rural e do Mar, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e da Axencia Turismo de Galicia, por proposta da conselleira do Medio Rural e do Mar e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de febreiro de dous mil catorce,

DISPOÑO:

Artigo 1

O nomeamento como vogal titular do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación da Consellería do Medio Rural e do Mar:

– Ascensión Labella Lozano.

Artigo 2

O nomeamento como vogal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas:

– María del Camino Triguero Salas.

Artigo 3

O nomeamento como vogal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación da Axencia Turismo de Galicia:

– María Nava Castro Domínguez.

Santiago de Compostela, seis de febreiro de dous mil catorce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar