Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 2014 Páx. 12898

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2014 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación urxente, do servizo de atención aos usuarios dos sistemas de información do ámbito educativo da Xunta de Galicia (expediente 45/2014).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 45/2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de atención aos usuarios dos sistemas de información do ámbito educativo da Xunta de Galicia.

b) División por lotes e número: si, 2.

c) Prazo de execución: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 24 meses contados a partir da data de formalización do contrato. Antes da súa finalización, este contrato poderase prorrogar por mutuo acordo das partes por un prazo igual ou inferior ao fixado orixinariamente.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: urxente e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 1.710.743,81 €, máis 359.256,19 € que corresponden ao IVE (21 %), que supón un total de 2.070.000 € (dous millóns setenta mil euros), que se distribúen nas seguintes anualidades segundo os lotes:

Lote 1: servizo de atención remota.

▪ 2014: 173.553,72 € + IVE (36.446,28 €) = 210.000 €.

▪ 2015: 520.661,16 € + IVE (109.338,84 €) = 630.000 €.

▪ 2016: 347.107,44 € + IVE (72.892,56 €) = 420.000 €.

Total: 1.041.322,32 € + IVE (218.677,68 €) = 1.260.000 €.

Lote 2: servizo de atención e soporte in situ.

▪ 2014: 107.438,02 € + IVE (22.561,98 €) = 130.000 €.

▪ 2015: 347.107,44 € + IVE (72.892,56 €) = 420.000 €.

▪ 2016: 214.876,03 € + IVE (45.123,97 €) = 260.000 €.

Total: 669.421,49 € + IVE (140.578,51 €) = 810.000 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dirección: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20251

g) Data límite de obtención de documentos e de información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia: véxase a alínea N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 30.4.2014.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro da Amtega.

2. Dirección: Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia, Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na alínea K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio previo ao DOUE: 12.2.2014.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 21.3.2014.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2014

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia