Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 3 de abril de 2014 Páx. 14741

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 39/2014, do 13 de marzo, polo que se dispón a substitución dun membro do Consello Escolar de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 6 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, no artigo 10 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei, no artigo 16.1.c) do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o regulamento de réxime interno do Consello Escolar de Galicia, e atendendo á designación formalizada pola Confederación Galega de Asociacións de Pais de Alumnos (Congapa), por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do trece de marzo de dous mil catorce,

DISPOÑO:

Artigo 1

Que cese Jorge Javier Villarino Rey como membro do Consello Escolar de Galicia, en representación dos pais e nais, proposto pola Confederación Galega de Asociacións de Pais de Alumnos (Congapa).

Artigo 2

Nomear membro do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas na Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, en representación dos pais e nais proposto pola Confederación Galega de Asociacións de Pais de Alumnos (Congapa), a María José Mansilla Chao.

Artigo 3

O mandato do novo membro será polo tempo que resta para completar o mandato da representatividade que ten.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trece de marzo de dous mil catorce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria