Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx. 21018

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Abegondo (expediente IN407A 2013/103).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: adecuación LMTA, CT Figueroa a CT Bordel (treimo CT Figueroa a Palai).

Situación: concello de Abegondo.

Características técnicas:

– Reforma da liña de media tensión aérea a CT Figueroa a CT Palai (expediente 50016), a 15/20 kV, con orixe en apoio de formigón no nº 116 existente da LMTA Cesuras-Carral, nunha lonxitude de 808 m con instalación de cinco novos apoios metálicos de tipo metálico e condutor tipo LA 56/54,6 mm² e final en torre metálica existente no nº 116/6 da LMTA Figueroa-Bordel.

– Liña eléctrica de media tensión aérea, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 6 m, con orixe en apoio de formigón no nº 116 existente da LMTA Cesuras-Carral, con condutor tipo LA 56/54,6 mm² e final no novo CT intemperie Figueroa.

– Novo centro de transformación intemperie Figueroa, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 15/0,4-0,23 kV, que substitúe o CT tipo caseta existente (expediente 50149) que se demolerá.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

A Coruña, 9 de abril de 2014

Por vacante (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013; DOG nº 140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial