Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx. 20945

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas a entidades xuvenís de ámbito provincial, en virtude da Orde do 11 de abril de 2013 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa xove.

En virtude das competencias da Consellería de Traballo e Benestar, atribuídas polo Decreto 235/2012, do 5 de decembro, no que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, e o Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, e de acordo co disposto no artigo 14.5 da Orde do 11 de abril de 2013 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa xove e no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, procédese á publicación das subvencións concedidas no ano 2013 a entidades xuvenís do ámbito provincial de Lugo, mediante resolución do xefe territorial, por delegación da conselleira de Traballo e Benestar, segundo o disposto na disposición adicional segunda da Orde do 11 de abril de 2013. A relación de subvencións concedidas encóntrase no anexo desta resolución.

Lugo, 10 de abril de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO
Beneficiario: asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos á
mocidade e as súas respectivas federacións (ámbito provincial)

Aplicación orzamentaria: 11.06.313A.481.0.

Orzamento: 65.000 €.

Entidade

Localidade

Proxecto

Concedido

Asociación xuvenil Buraca das Grellas

O Courel

Portal turístico para os mozos que visitan O Courel

2.535,00 €

Asociación Síndrome de Down, Lugo

Lugo

Programa de ocio e tempo de lecer

4.000,00 €

Ateibo

Lugo

Creando espazos de encontro e lecer

3.700,00 €

Acapa Show Petapouco

Cospeito

Graffitis no rural

4.000,00 €

Asociación xuvenil Tir na n’og

Lugo

Actividades 2013

2.576,00 €

Xaquedrum

Lugo

Mozos e mozas axedrecistas

4.000,00 €

Aspnais

Lugo

Actividades de integración para persoas con discapacidade intelectual

2.825,00 €

Asociación de Persoas Sordas de Lugo

Lugo

Os mozos xordos móvense

2.139,50 €

Asociación Centro Xuvenil Arco da Vella

Lugo

Novas rotas

1.247,00 €

Xermolos

Guitiriz

As outras músicas como canle de comunicación, creación, innovación e participación da mocidade

4.000,00 €

Cáritas

Lugo

Servizo de atención á infancia e xuventude

4.000,00 €